Síguenos en:

Que queremos?

Queremos arranxar isto, e non imos agardar a que alguén o faga por nós.

Porque, se non o arranxamos nós, quen o vai facer?

Levamos demasiado tempo vendo en todas partes o mal que está todo. É case o único que nos contan.

Pero a crise non só está aí fóra, tamén está nas nosas cabezas. Fixéronos perder a confianza, contaxiounos o pesimismo, o desánimo.

Isto é o primeiro que debemos arranxar, queremos recuperar a confianza.

Temos motivos para nos animarmos. Nesta web atoparás moitos. Historias de xente coma ti e coma min, que se enfrontaron ao momento, que demostran

que con ilusión, creatividade, esforzo e compromiso se pode conseguir todo.

Xente que cre en si mesma e o demostra a cotío desafiando a crise.

Por exemplo, sabías que cada mes se crean cinco mil empresas neste país? Non che parecen cinco mil poderosas razóns para crer?


Queremos que coñezas esas e outras historias, que te inspiren, que te animes, que as compartas, que formen parte das conversas e que consigamos que acaben chegando aos medios de comunicación, aos telexornais, aos editoriais, entre as noticias do malo e o peor.


Temos que contaxiar a confianza do mesmo xeito que se contaxiou o pesimismo.


Porque cando ti, e ti, e ti, e eu, nos convertemos en nós, non hai nada que non poidamos arranxar.